José María Muñoa
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1942 (81/82 anos) Pau, Francia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , enxeñeiro |
Lingua | Lingua castelá, lingua éuscara e lingua francesa |
José María Muñoa Ganuza, nado en Pau (Francia) en 1942, é un enxeñeiro e político do País Vasco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de exiliados da ditadura franquista, formouse en Grenoble (Francia). Militante do Partido Nacionalista Vasco, traballou como enxeñeiro en Francia e Madrid, até que en 1983 foi nomeado polo Goberno Vasco presidido por José Antonio Ardanza responsable do desenvolvemento das pequenas empresas en crises. En 1990 foi nomeado comisionado do Lehendakari para as Relacións Exteriores, cargo que ocupou até 2007.[1] Foi tamén representante da comunidade autónoma do País Vasco no Comité das Rexións de Europa. En 2008, substituíu a Javier Retegi como presidente da Sociedade de Estudos Vascos.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ José María Muñoa, representante de Euskadi en el mundo durante los últimos trece años, deja su cargo, Noticias.info., 17 de decembro de 2007.
- ↑ G. Larrumbide (27 de decembro de 2008). "José María Muñoa obtuvo el respaldo de los socios y apeló al trabajo para seguir avanzando". El Diario Vasco.